dragon ball
SAGA 1 - Pilaf
Esta saga é a primeira de Dragon Ball que abarca dende os episodios 1-13. É o comezo da aventura de Son Goku na procura das Bolas do Dragón xunto a Bulma.
Tamén se lle coñece baixo o título alterno de Arco de Pilaf
SAGA 2 - o primeiro campionato mundial de artes marciais
Resumo: Na segunda saga, o Mestre Mutenroi convida a Son Goku e Krilin a participar no Torneo de Artes Marciais no que compiten os loitadores e loitadoras máis poderosos e con mellor técnica no mundo. Para sorpresa dos dous cativos, alí atópanse con Yamcha, Bulma e Puar. Primeiro deberían pasar unha rolda de combates e despois iniciaríase o gran torneo.
SAGA 3 - o exército do xeneral red
Resumo: Son Goku perdeu a bola de catro estrellas na súa primeira aventura en busca das bolas do dragón. Xa que era o único recordo que tiña do seu avó, decide saír na súa procura. Para a súa mala sorte, un grupo de soldados do exército do Xeneral Red interrompen o seu camiño, pois tamén buscan as bolas.
SAGA 4 - o xeneral blue
Resumo: O xeneral Blue é o único oficial do Exército do Xeneral RED, tamén é un perfeccionista que está obsesionado co seu aspecto e tamén moi estrito militarmente. Tal como demostra na forma en que trataba aos seus homes, ordenando a execución dun soldado por furgarse o nariz. Tamén pode ser un pouco tolo e sádico.
SAGA 5 - o comandante red
Resumo: O comandante RED dirixe o organizado rexemento desde o Cuartel Xeral con man de ferro e sancionando a incompetencia coa execución. Acompañado dun leal gato, o obxectivo de Rede é posuír as Bolas do Dragón, polo que distribúe aos seus homes polas diversas rexións onde o seu radar, o cal non é tan exacto como o radar construído por Bulma.
SAGA 6 - baba a meiga
Resumo: Tras non saír a última bola máxina no radar, Bulma suxírelle a Son Goku que vaia a visitar a Baba a Meiga para atopala coa súa clarividencia. Esta dilles que lles custará moitos cartos os seus servizos. Pero, ante a falta de cartos, Baba proponlles un desafío: derrotar a cinco dos seus guerreiros a cambio da súa adiviña.
SAGA 7 - ten shin han
Resumo: Son Goku inicia unha nova viaxe para adestrarse e aumentar a súa forza, xa que pronto será o novo Torneo de Artes Marciais. Ao comezo do torneo atópase con Krilin e Yamcha, que tamén fixeron algúns adestramentos. Ademais, atópase con grandes adversarios: Tenshinhan e Chaoz.
SAGA 8 - o rei picoRo
Resumo: Tras o difícil torneo todos dirixíronse a un restaurante. Son Goku douse conta de que esquecera o seu bastón e a súa bola do dragón no torneo e Krilin ofreceuse a buscalos. Despois dun intre Krilin non volvera e Son Goku sentiu que lle pasara algo. Foi ao torneo e atopou ao seu amigo asasinado baixo as ordes do Demo Piccolo. Inmediatamente Son Goku marchou en procura do asasino.
SAGA 9 - o fillo de picoRo
Resumo: A última saga de Dragon Ball celebrase seguinte torneo de Artes Marciais e Son Goku, que agora apare máis maior e sen rabo, demostra os grandes avances que fixo nos seus entrenamentos. Tamén coñecerá a Picoro, o fillo do Rei Picoro.