Esta serie relata a vida diaria de Garfield, un gato gordo, preguiceiro e de cor laranxa. Este estraño espécime sempre está na compaña do seu dono Jon, persoa inocente e boa, e mais da súa outra mascota, Odie, un can de pouca intelixencia que sempre anda a molestar a Garfield. Ademais, en cada capítulo, aparece a historia dos animais pertencentes á "Granxa de Orson". Trátase da granxa dos pais de Jon e conta con diferentes personaxes que che ensinarán unha moral en cada capítulo.
Data actualización 11/09/2025 Completa (132 capítulos)