Sailor moon

sailor moon

Despois de moito tempo tentando conseguir algún capítulo de Sailor Moon, por fin deixo o que se da descargado ata o día de hoxe, que son 40 capítulos e esperemos que nun futuro próximo sexan máis!

Resumo:

A historia céntrase nas aventuras dunha adolescente chamada Usagi Tsukino, quen se transforma nunha poderosa guerreira coñecida como Sailor Moon e loita contra aqueles que buscan destruír o Sistema Solar.

Por sorte conta coas súas compañeiras, as Sailor Senshi, quen tamén encarnan diferentes poderes cósmicos e préstanlle toda a axuda que pode necesitar.