detective conan

DETECTIVE CONAN

Shinichi  Kudo é un novo detective que consegue esclarecer calquera misterio, por difícil que sexa.

Un día, o noso protagonista descobre os  maléficos plans dunha perigosa organización criminal e é envelenado. Con todo, o veleno non o mata, senón que por accidente, encólleo e convérteo nun neno de apenas 6 anos. Atrapado neste corpo,  Shinichi, baixo o pseudónimo de  Conan  Edogawa, deberá resolver os casos máis difíciles mentres tenta atopar un antídoto que o devolva á normalidade e facer o posible para que a súa amiga,  Ran  Mouri, non sospeite quen é realmente o  sabiondo  Conan.